Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Segunda proba do Circuíto Galego de Bádminton sub 15 e absoluta

Data: 
10/02/2018
Lugar: 
Pavillón do IES San Paio

O pavillón do IES San Paio de Tui acolle o sábado, 10 de febreiro, dende ás 10h a segunda das probas do Circuíto Galego de Bádminton que se celebran en Tui. Nesta ocasión será para as categorías sub 15 e absoluta, e os xogadores e xogadoras participarán tanto en formato individual coma en mixto. A entrega dos trofeos para os gañadores de cada categoría está prevista ás 21h.

Organiza esta actividade deportiva o Club Bádminton Tui, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Bádminton.