Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do goberno municipal en Malvas o venres 9 ás 20.30h

Data: 
9/03/2018
Lugar: 
No Local do Sindicato de Malvas,

O venres, 9 de marzo, ás 20.30h, no Local do Sindicato de Malvas, equipo de goberno do Concello de Tui presentarase aos vecinos desta parroquia facendo tamén a exposición do traballo que quere realizar no rural.

Ao tempo presentarase ao representante dos veciños de Malvas que servirá de enlace para canalizar as peticións da parroquia co goberno municipal.

Todas aquelas persoas asistentes poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde como ao resto de concelleiros que conforman o equipo de goberno.