Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

XIX Andaina Tudense Solidaria

O sábado 13 de maio terá lugar a XIX Andaina Tudense Solidaria cun percorrido de 23 quilómetros. A saída será ás 10 h da mañá. Será precisa inscrición previa, ao prezo de 12 euros por persoa, na web www.andatui.es. A data límite de inscrición é o próximo 11 de maio. 

A acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitarase entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

Organiza o Club Deportivo Andatui Rego de Pedra coa colaboración do Concello de Tui e a Cruz Vermelha Portuguesa. 

A Feira Cabalar, concertos, verbena con Panorama e a procesión de San Telmo xunto á tirada de fogos piromusicais para despedir as festas de 2023

Undefined

Mañá, Luns de San Telmo e festivo local en Tui, será o día grande das festas na honra ao patrón de Tui e dos mariñeiros, cun amplo programa ao longo da xornada coa feira cabalar, os actos relixiosos, os concertos, a verbena…

Tui agarda miles de persoas na fin de semana grande das Festas de San Telmo

Undefined

Tui agarda esta fin de semana a miles de persoas nas festas de San Telmo, declaradas de interese turístico galego, que se celebran até este luns, 17 de abril, Luns de San Telmo, festivo local na cidade.

A programación festival comezará mañá domingo coa Andaina de San Telmo que sairá ás 10 h praza da Inmaculada. O medio centenar de persoas inscritas realizarán  un percorrido polo centro urbano.

Deporte, música, actividades infantís, verbenas e concertos no sábado de San Telmo

Undefined

Tui prepárase para vivir e gozar a gran fin de semana das Festas de San Telmo. Mañá sábado haberá deporte, música, actividades infantís, verbenas e concertos.

A xornada comeza con deporte coa celebración a partir  11 h, no Paseo da Corredoira, da Carreira Popular de San Telmo que bate record de participación con 738 persoas inscritas. É solidaria con SOS Tomiño Baixo Miño, xa que as persoas inscritas entregan un quilo de alimentos na recollida do dorsal.

San Telmo - Domingo 9

  • 12.00h - Na praza da Inmaculada II Encontro de Viños da Raia + info 
  • 12.30h – 13.30h Na Carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui
  • 17.00h – 20.00h No Teatro Municipal, Festival Folclórico. 
    • Participan San Telmo(Tui), Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), O Mosteiro (Pexegueiro), Xuntanza (Randufe), e Santa Columba (Ribadelouro)

As Festas de San Telmo escaparate da riqueza cultural, patrimonial, deportivo a gastronómica da cidade

Undefined

Tradición, música, espectáculos familiares, gastronomía, deporte… forman parte da programación das Festas de San Telmo 2023 que se van celebrar do sábado 8 ao luns 17 de abril en Tui. O Paseo da Corredoira, onde se instalará unha carpa para as festas, a praza da Inmaculada, o Teatro Municipal, a rúa Compostela, e o Espazo Feiral, serán os principais escenarios das actividades previstas.

Mañá preséntanse as Festas de San Telmo 2023

Undefined

Mañá venres, 31 de marzo, ás 11 h no salón de plenos da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación das Festa de San Telmo 2023 que se van celebrar na cidade do 8 ao 17 de abril.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, das concelleiras de Cultura, Sonsoles Vicente, de Comercio e Mercado, Ana Núñez, e do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez.

A tradicional Feira Cabalar de San Telmo celebrarase durante dous días

Undefined

A Feira Cabalar das Festas de San Telmo 2023 volve este ano a celebrarse durante dous días. Será o próximo domingo 16 e o luns 17 de abril, Luns de San Telmo, en San Bartolomeu.

Dúas xornadas nas que poderá desfrutarse do deporte hípico, da afección polo mundo dos cabalos e dunha romaría popular que congrega a miles de tudenses e visitantes cada ano.

O Trofeo de Baile Deportivo e a Ultreia centran a intensa fin de semana de deporte na Eurocidade

Galego

Intensa fin de semana de deporte na Eurocidade Tui-Valença. O calendario deportivo conxunto retoma este domingo unha das probas afianzadas coa novena edición do Trofeo de Baile Deportivo, organizada pola Escola Pasos Bailegalicia en colaboración coa Eurocidade.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes